Piromorfita

Piromorfita
Cristais verdes de piromorfita
Fórmula químicaPb5Cl(PO4)3
ClaseFosfatos
Sistema cristalinoHexagonal
CorIncolora, branca, verde, alaranxada, parda e amarela
BrilloResinoso
Dureza3,5-4
FracturaSubconcoidea
ExfoliaciónImperfecta
RaiaVerde escura
Densidade6,7-7,14 g/cm3

A piromorfita (tamén chamada poliesferita) é un mineral da clase dos fosfatos cuxa fórmula química é Pb5Cl(PO4)3 (82% de PbO, 15% de P2O5 e 3% de cloro).

Aspecto

Este mineral cristaliza no sistema hexagonal, polo que é frecuente observar o crecemento de prismas hexagonais (aínda que dunha escasa perfección, pois ás súas caras crecen abonbadas recordando a forma dun bocoi), de múltiples cores; sendo as máis frecuentes a verde e a parda.

Lugares onde se atopa

A piromorfita preséntase asociada moitas das veces á galena (en depósitos de chumbo), na parte máis superficial dos xacementos, coma os de Losacio e Mondoñedo en España. Tamén son coñecidos importantes xacementos en México.

Usos da piromorfita

Úsase para obter chumbo, debido ás altas concentracións de óxido de chumbo na piromorfita. É un mineral moi apreciado polos coleccionistas.

Outros fostatos

O apatita e outro fosfato a ter en conta.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!