Pirates of the Caribbean: Dead Men Tell No Tales (tamén estreado nalgúns países como Pirates of the Caribbean: Salazar's Revenge) é un filme estadounidense de 2017. É o quinto título da franquía Pirates of the Caribbean e a secuela de On Stranger Tides (2011). O filme foi dirixido por Joachim Rønning e Espen Sandberg a partir dun guión de Jeff Nathanson, con Jerry Bruckheimer como produtor. Johnny Depp, Kevin McNally e Geoffrey Rush retoman os seus papeis como Jack Sparrow, Joshamee Gibbs e Hector Barbossa, uníndose ó elenco Javier Bardem, Brenton Thwaites e Kaya Scodelario.
Personaxes
Notas