PirateBox

Logo da PirateBox.

Unha PirateBox é un dispositivo electrónico portátil, a miúdo formado por un router Wi-Fi  e un dispositivo para almacenar información, creando unha rede sen fíos  que permite ós usuarios que se conectan compartir ficheiros anonimamente e localmente.[1] Por definición, este dispositivo está desconectado de Internet.

A PirateBox foi deseñada orixinalmente para intercambiar libremente datos en dominio público ou cunha licenza libre.

Historia

A PirateBox foi deseñada en 2011 por David Darts, un profesor da Escola Steinhardt de Cultura, Educación e Desenvolvemento Humano na Universidade de Nova York baixo Licenza de Arte Libre. Fíxose moi popular en Europa Occidental, particularmente en Francia por Jean Debaecker, e o seu desenvolvemento é en gran parte mantido por Matthias Strubel. O uso do concepto da  PirateBox cambiou pouco a pouco dende compartición local de ficheiros a propósitos educativos, implicando a escolas públicas ou acontecementos privados como CryptoParties[2], sendo tamén un punto crucial para evitar a censura xa que pode ser usado detrás de barreiras físicas fortes.[3][4]

Instalación

Na versión 1.0, hai unha páxina de instalación mellorada, con só uns poucos pasos seguidos dunha instalación automática.[5]

Configuración en Raspberrypi

Cando en liña é fóra de liña.

A PirateBox pode ser configurada en Raspberrypi. Os pasos poden atoparse no artigo de referencia.[6]

Usos

Os usuarios conéctanse á PirateBox vía Wi-Fi (utilizando un portátil, por exemplo) sen tenr que saber o contrasinal. Entón poden acceder á páxina de web local da PirateBox para descargar ou subir ficheiros, ou acceder unha sala de charla anónima ou foro. Todos estes intercambios de datos están confinados na rede local da PirateBox e non están conectados a Internet.[7]

Varios proxectos educativos utilizan os dispositivos para entregar contido aos estudantes permitíndolles compartir por charla ou foro. A PirateBox tamén é utilizada en sitios onde o acceso de Internet é raro ou impracticable.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!