Piratas de Galicia (de siglas PIRATA.GAL) é un partido político español con ámbito en Galicia, herdeiro da ideoloxía do Partido Pirata de Suecia que procura a reforma das leis de propiedade intelectual e industrial, a inclusión da democracia directa no sistema político e a defensa dos dereitos humanos dentro e fóra da rede [1].
Historia
O partido fundouse en decembro de 2011 e admítese oficialmente no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior de España o 26 de xaneiro de 2012 [2].
Preséntase por primeira vez ás Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012, nas circunscricións de Ourense e Pontevedra, acadando 336 votos na primeira (0,18%) e 1.215 na segunda (0,24%)[3].
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas