Piazza della Repubblica é unha praza semicircular de Roma, no cumio do monte Viminal, próximo á estación de Termini. Nela atópase a basílica de Santa Maria degli Angeli e dei Martiri. Dende a praza comeza unha das rúas principais de Roma, Via Nazionale.
O antigo nome da praza, Piazza dell'Esedra, aínda común no presente, provén da exedra das termas de Diocleciano, que dan á praza a súa forma. Os pórticos que arrodean a praza foron construídos en 1887–98 por Gaetano Koch, en lembranza dos antigos edificios do lugar, mentres que a basílica de Santa Maria degli Angeli e dei Martiri que se atopa na praza está construída sobre unha das zonas das termas (o seu arquitecto Michelangelo empregou o tepidarium como unha das áreas do seu plano de cruz grega).
Véxase tamén
Bibliografía
Touring Club Italiano, Roma, collana L'Italia (red guide), Roma 2004
Willy Pocino, Le curiosità di Roma, Newton & Compton Editori, Roma 2004, ISBN88-541-0010-2