O pexego chato, pexego paraguaio ou simplemente paraguaio [1] (Prunus persica var. platycarpa) é o froito dunha variedade procedente dunha mutación do pexegueiro (xénero Prunus), cunha froita semellante ao pexego pero con forma chata, pel aveludada de cor verde amarelada e
carne branda e doce, adherida á carabuña[2].
O paraguaio é o resultado dunha mutación orixinada na China, sendo introducido nos Estados Unidos en 1869.[3] Cultívase principalmente en rexións tépedas e ten unhas esixencias de solo e cultivo similares ao do pexegueiro e mais a nectarina.
Do pexego chato existen diferentes variedades: de polpa branca con ou sen veas averdadas ou avermelladas, de polpa amarela, total ou parcialmente desprendida da carabuña.
Galería de imaxes
Notas
- ↑ Sinónimos en Guía da alimentación, Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 1995; Diciopedia do Século 21, Ed. do Castro - Ed. do Cumio - Ed. Galaxia, 2007
- ↑ Porposta de definición neolóxica difundida por Termigal
- ↑ "Donut Peach". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2016. Consultado o 10 de novembro de 2016.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Pexego chato en Infojardín.com