Petras Parčevskis, nado c. 1598 e finado o 6 de decembro de 1658, foi un eclesiástico católico latino lituano, bispo de Smolensk entre 1636 e 1649, e bispo de Samoxicia dende 1649 até o seu pasamento.
Traxectoria
Naceu arredor de 1598.[1] Procedía dunha familia ortodoxa.[1] Converteuse ao catolicismo en 1617 e ingresou no seminario de Vilnius, e posteriormente no seminario pontificio de Braniewo.[1] Continuou os seus estudos na Universidade de Vilnius,[1] onde se graduou en artes liberais e filosofía en 1622, e logo de doutorarse en teoloxía foi ordenado sacerdote en 1628.[1]
En 1630 foi nomeado administrador apostólico de Smolensk,[1] e na guerra ruso-polaca permaneceu na cidade sitiada. En 1635 o rei Ladislau IV nomeouno primeiro bispo de Smolensk. Parčevskis viaxou a Roma para obter a aprobación papal, que lle foi concedida o 1 de setembro de 1636.[1] O 7 de setembro foi consagrado bispo polo cardeal Giovanni Battista Pamphili.
En 1649 foi nomeado bispo de Samoxicia.[1] En 1656 asinou a Unión of Kėdainiai, converténdose no único bispo da república.[1] Finou en 1658.[1]
Notas
- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Vijūkas-Kojelavičius, Albertas (2004). Lietuvos istorijos įvairenybės 2. Lietuvių literatūros ir tautosakos institutas. p. 195. ISBN 9789955475743.
|
---|
Bispos de Smolensk | |
---|
Administradores apostólicos | |
---|