Rory Carty (1992–1994) Mark Lockyer (1995) Cam Clarke (1995) Colin de Paula (2012–2014) L. Parker Lucas (2014–2015) James Corden (2018–presente) Sienna Adams (2019)
Peter Rabbit é un personaxe de animal ficticio que protagoniza moitos contos infantís de Beatrix Potter. Peter era diferente do heroe tradicional daquela época, sendo pequeno, emotivo, facilmente asustadizo e un animal non moi sabio.[1]
Historia
Apareceu por primeira vez en The Tale of Peter Rabbit en 1902. Non ten versións en galego; foi traducido ao portugués como A História de Pedro Coelho, tamén traducido como A História do Coelho Pedro[2] ou A história do Pedrito Coelho[3] e foi publicado en castelán en España como El cuento de Perico el conejo travieso e en América como El cuento de Pedrito Conejo.[4]
Despois diso, saíu en cinco libros máis entre 1904 e 1912.
Potter fixo un boneco suave de peluche con forma de Peter Rabbit, e pronto pratos e papeis de parede comezaron a mostrar imaxes del. Aparece como personaxe na película de ballet de 1971, The Tales of Beatrix Potter[5] e na serie da BBCThe World of Peter Rabbit and Friends.[6]
Inspirouse no coello de Potter, Peter Piper. Nas historias, viste roupa humana e anda de pé. A súa nai é a señora Josephine Rabbit e ten tres irmás, Flopsy, Mopsy e Cotton-tail. A súa popularidade fixo que Potter dixese en 1917: "Agora todos os coellos se chaman Peter", e engadiu "ou Peter ou Brer Rabbit".[7]
En 2018, estreouse unha película de animación con James Corden dando voz a Peter Rabbit.