Peter Pan Must Die é a cuarta novela de policías de John Verdon. O seu protagonista é Dave Gurney, un detective xubilado de Nova York.
Sinopse
Pasaron catro meses dende os sucesos do caso de Bo Pastor a as consecuencias foron terribles. Un dos que máis sufriron foi Jack Hardwick, que violou a normativa para axudar a Gurney. Agora, Hardwick proponse demostrar a ineptitude dos seus superiores presentando probas que axuden a revisar algunhas condenas de moita sona. Comeza polo caso Spalter, un rico empresario asasinado no funeral da súa nai.