Peter Martin Hoekstra, nado en Assen o 4 de abril de 1973, é un exfutbolista neerlandés que xogaba de extremo esquerdo.
Traxectoria profesional
Hoekstra comezou a xogar no PSV Eindhoven, onde xogou durante 5 anos, xogando máis de 100 partidos. En 1996 fichou polo AFC Ajax a cambio de 2 millóns de libras, como substitución de Marc Overmars. A súa etapa no Ajax estivo marcada polas lesións, e en 1999 foi cedido á SD Compostela durante unha tempada. A tempada seguinte foi cedido ó FC Groningen.
En agosto de 2001, Hoekstra asinou co Stoke City FC inglés.[1] En maio de 2004, con tan só 31 anos, Hoekstra tivo que retirarse polos continuos problemas coas lesións.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas