Peter Arundell nado en Ilford, Essex o 8 de novembro de 1933[1] e finado en King's Lynn, Norfolk, Inglaterra o 16 de xuño de 2009. Foi un británico piloto de carreiras de Inglaterra, que competiu na Fórmula 1 para o equipo Lotus. Participou en 13 Grandes Premios do Campionato do Mundo, logrando 12 puntos de campionato.
Arundell converteuse nun piloto de carreiras profesional logo de terminar o seu servizo na Royal Air Force, competindo con coches Elva e Lotus. pronto gañou unha carreira de Fórmula Júnior disputada en Inglaterra, o trofeo John Davy no encontro do Boxing Day Brands Hatch nun Elva-D.K.W. en 1959.[2] En 1962 gañou o campionato británico da Fórmula Júnior nun Lotus, e tamén en 1963 nun Lotus 27. Tamén gañou a carreira de Fórmula Júnior de Mónaco en 1961 e 1962. Gañou a última carreira da Fórmula Júnior celebrada en Inglaterra, o Anglo-European Formula Júnior Trophy, tamén en Brands Hatch, en setembro de 1963, nun Lotus 27-Ford.[3]
Marcou a súa chegada ao Campionato Mundial de Fórmula Un en 1964 con dous podios. Foi considerado como unha gran promesa para o futuro e un gran piloto de apoio para o Campión do Mundo Jim Clark.[4]
En 1964, mentres competia na Fórmula 2 en Reims-Gueux, trompeou e foi golpeado a alta velocidade por Richie Ginther, Arundell saíu despedido do coche no impacto, o que lle fixo perder a maior parte da tempada de 1965. O xefe de Lotus Colin Chapman gardou o seu lugar no equipo para 1966, terminando terceiro na súa reaparición na carreira fóra de campionato do Gran Premio de Suráfrica Grand Prix en East London o 1 de xaneiro de 1966.[5] Non gozou de grande éxito e ao final dese ano retirouse da Fórmula Un, comezando só 11 carreiras.[6]
Retirouse das carreiras por completo en 1969, e máis tarde trasladouse a Florida, onde creou a compañía de software Mystique, responsable entre outros xogos da famosa Custer's Revenge.
Resultados Completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Resultados fora do campionato
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
- 1 Following problems with his own car, Jim Clark took over Arundell's car but then ran out of fuel.
- 2 The engine in Jim Clark's Lotus 43 blew up during practice and Clark took over Arundell's car.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas