Un período xeolóxico ou simplemente período é unha división dunha era xeolóxica na escala de tempo xeolóxico.
É o equivalente temporal do "sistema" utilizado en estratigrafía para definir os estratos e os fósiles. Os sistemas son quizais máis correntemente utilizados polos paleontólogos e xeólogos (así, as rochas do sistema devoniano son de feito as rochas do período devoniano), pero o concepto de período de tempo é fácil de asimilar polo gran público.
Unha subdivisión dos períodos é a época. En 2004, a Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas (IUGS) recoñeceu o ediacárico como período do Noeoproterozoico, a última incorporación a un período na escala de tempo xeolóxico en case 130 anos.[1][2][3][4]
Períodos definidos pola IUGS
O organismo para a estandardización da escala dos tempos xeolóxicos é a Comisión Internacional sobre Estratigrafía, que opera no seo da Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas (IUGS) para establecer unha escala normnalizada e posta ao día dos descubrimentos dos científicos do munde enteiro. A táboa de aquí debaixo mostra os períodos oficialmente definidos pola IUGS até finais de 2004.
Outros périodos, dividindo as eras do Paleoproterozoico, Mesoproterozoico e Neoproterozoico (é dicir, as tres eras do eón Proterozoico), tamén son comunmente distinguidas e ensinadas.
Notas