Perth (en gaélico escocésPeairt)[1] é unha cidade escocesa, localizada á beira do río Tay. É o centro administrativo da área municipal de Perth e Kinross e mais do condado histórico de Perthshire. Segundo os datos do censo de 2011, Perth e os seus suburbios teñen unha poboación de 50.000.
Perth tamén era coñecida como The Fair City dende a publicación de Fair Maid of Perth, obra do escritor Walter Scott en 1828. Durante o último período medieval foi chamada St John's Toun ou Saint Johnstoun polos seus habitante. O nome fai referencia á igrexa adicada a San Xoán o Bautista. O antigo nome consérvase no nome do equipo de fútbol local, o St. Johnstone F.C.