Perfect Days é un filme de 2023 dirixido por Wim Wenders a partir dun guión escrito por Wenders e Takuma Takasaki.[2] É unha coprodución entre o Xapón e Alemaña, e conta a historia da vida rutineira de Hirayama (Kōji Yakusho), un limpador de lavabos públicos en Toquio.[3]
Perfect Days estreouse o 23 de maio de 2023 no Festival Internacional de Cinema de Cannes, onde competiu pola Palma de Ouro e gañou o Premio do Xurado Ecuménico e o premio ao mellor actor para Kōji Yakusho. Foi escollido como candidato do Xapón para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[4] sendo finalmente nomeado e converténdose no primeiro filme non dirixido por un xaponés en ser nomeado como candidato do Xapón.[5]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos