A península de La Magdalena é unha península situada na entrada da baía de Santander, na cidade cántabra de Santander. Ten unha superficie de 28 hectáreas.[1]
Foi un regalo da cidade de Santander ao rei Afonso XIII, que o utilizou como residencia de veraneo entre 1912 e 1929. Na actualidade a península é un parque público aberto durante o día. Nela atópanse o histórico Palacio de La Magdalena, un pequeno zoolóxico, tres carabelas e dúas praias.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos