Pearl Harbor é un filme estadounidense épico e bélico con elementos de romance e acción dirixido por Michael Bay que se estreou no 2001. Baséase no feito histórico do ataque a Pearl Harbor realizado pola aviación xaponesa o 7 de decembro de 1941.
Sinopse
Segunda guerra mundial (1939-1945). Rafe e Danny medraron xuntos nunha zona rural estadounidense e a súa longa amizade mantense cando ambos ingresan como pilotos nas forzas aéreas. Rafe atopou en Evelyn, unha valente enfermeira, ó amor da súa vida, pero pronto tiveron que separarse, xa que Rafe preséntase voluntario para servir na Forza Aérea Británica (RAF) contra os alemáns. Mentres tanto, Danny e Evelyn son enviados á base aérea de Pearl Harbor en Hawai.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
- 2001: 1 Oscar: Mellores efectos de son. 4 nomeamentos.
- 2001: 2 nomeamentos ó Globo de Ouro: Mellor banda sonora orixinal, canción orixinal.
- 2001: 6 nomeamentos ós Razzie Awards: incluíndo peor película e actor (Ben Affleck).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas