O pazo das Torres de Cereixo é un conxunto monumental da vila de Cereixo, no concello de Vimianzo.
Descrición
As torres do século XVI, flanquean o corpo do predio no que se abre unha porta, de arco semicircular, no que hai un grande escudo ovoide rodeado de dezaoito bandeiras floriseladas. O escudo está coroado e timbrado co M dos Montenegro. Entre os oito cuarteis pódense ver os brasóns dos Bermúdez, os dos Castro de Lemos, as faixas horizontais dos Soutomaior, as aspas e o Ave María dos Mendoza, as follas de figueira dos Figueroa e a banda engolada en dúas cabezas de dragón dos Andrade.[1]
No lateral do edificio existen outros tres escudos empotrados entre os que se distinguen os emblemas dos posuidores máis antigos das torres: a cabeza de lobo dos Moscoso, as mans de Carantoña, o piñeiro dos Caamaño e a torre de Guisamonte.[1]
Nas proximidades das portas das torres atópase un carballo centenario. Esta árbore cobre toda a praza coa súa arboradura xigantesca e para abranguelo precísanse unhas catro persoas.[1]
O pazo foi declarado como Ben de Interese Cultural. É de propiedade privada e en 2011 foi posto á venda por 4,5 millóns de euros[2].
Ao carón deste pazo pasa a 6ª etapa do Camiño dos Faros.[3]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas