Pavel Vladimirovich Vinogradov, nado en Magadan (Rusia) o 31 de agosto de 1953, é un cosmonauta ruso que formou parte das misións Soiuz TM-26, Soiuz TMA-8 e Soiuz TMA-08M e foi membro das expedicións 13, 35 e 36 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Traxectoria
Vinogradov graduouse en enxeñaría mecánica polo Instituto de Aviación de Moscova en 1977 e como analista de sistemas de computación polo mesmo Instituto en 1980. Foi seleccionado como candidato a cosmonauta en maio de 1992, completando o seu adestramento en febreiro de 1994. Participou nas misións Soiuz TM-26, Soiuz TMA-8 e Soiuz TMA-08M e foi membro das expedicións 13, 35 e 36 á Estación Espacial Internacional, pasando 546,94 días no espazo.[1][2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos