Paulino Souto Sánchez, nado en Betanzos e finado na Coruña o 17 de outubro de 1892[1], foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Estudou Dereito. Foi letrado na Audiencia da Coruña onde abriu un bufete. Afiliado ao Partido Moderado, foi gobernador civil da provincia da Coruña en 1864 e novamente en 1866. Na Restauración militou no Partido Conservador, do que foi líder na provincia da Coruña. Foi elixido presidente da deputación da Coruña o 16 de xaneiro de 1875. Foi elixido deputado polo distrito de Betanzos nas eleccións de 1876 e volveu ser elixido deputado polo mesmo distrito en 1879, 1884 e 1891.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas