Paula Cons

Modelo:BiografíaPaula Cons
Biografía
Nacemento1976 Editar o valor en Wikidata (47/48 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, directora de cinema, guionista, produtora Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm3407885 Twitter: paulaconsvarela Editar o valor en Wikidata

Paula Cons Varela, nada na Coruña en 1976, é unha xornalista, guionista, documentalista, directora de cine e produtora galega. É produtora executiva e directora de contidos de Agallas Films.

Traxectoria

Naceu na Coruña pero os seus antecedentes familiares por parte de Cons e Varela vincúlana a Pontevedra.[1] Licenciouse en Xornalismo na Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela (1994-1998).

Iniciou a súa carreira no xornalismo deportivo e informativo en Radio Nacional de España e despois pasou a televisión con Desde Galicia para o mundo de La 2 e a Canal Internacional de TVE onde permaneceu oito anos.[2] De 1998 a 2004 traballou como redactora de exteriores e guionista en Pórtico de Comunicaciones. O seu seguinte paso foi trasladarse a Madrid. Alí con Catro TV realizou reportaxes de contido social, con Equipo 1, Caiga Quien Caiga na sección "Proteste xa" e en Antena 3 coordinando a redacción do programa El método Gonzo (2008).[3]

En 2004 foi o seu ano de entrada na ficción tras gañar o Concurso Interacción de Guión Camiño do Xacobeo con Ideas peregrinas, un proxecto que se converteu nunha miniserie para a produtora CTV.[3] Despois, desde Continental Producións, desenvolveu un telefilme, Eduardo Barreiros, o Henry Ford español.[3] En 2009 foi cofundadora de Agallas Films,[4] unha produtora galega que se reclama coa vontade de traspasar fronteiras, pegados á realidade, coas mulleres en primeiro plano e dando oportunidade a novos realizadores.[5]

Doutra banda, de setembro de 2008 a xuño de 2012, traballou como directora de contidos en Continental Produciones realizando entre outros traballos a produción executiva do telefilme[3] Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego (2011) premio platino no Worldfest de Houston, premio Mestre Mateo á mellor película de televisión, seleccionada sección oficial festival Internacional Zoom de Igualada.

O seguinte proxecto foi a película Lobos sucios (2015) da que Paula Cons foi coguionista, directora de contidos, e produtora executiva.[4] A historia xorde da investigación sobre a batalla do volframio que libraron os Aliados contra España durante a Segunda guerra mundial.[6] Posteriormente dirixiu e foi produtora executiva do documental sobre o mesmo tema La batalla desconocida (2017) premiado como Mellor Documental en Festival de Cine e televisión do Reino de León, Premio Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual ao Mellor Documental, Premio CREA á mellor dirección de Documental, SEMINCI sección DocEspaña, Festival de Cine Español de Nantes, Festival de Cine Político de Buenos Aires, Festival Internacional de Cerdanya, Rural Filme Fest.[7][8]

En 2013-2014 traballou como responsable de mercadotecnia e comunicación en Atlántica Media AIE e de xuño de 2015 a 2016 foi directora de programa de televisión Cuestións persoais, con Agalla Films TVG.[4]

En 2018 dirixiu con Agalla Films o docudrama "O Caso Diana Quer. 500 días" sobre as investigacións policiais que levaron á resolución do caso Diana Quer.

En xaneiro de 2018 foi seleccionada en V Laboratorio de Creación de Series da SGAE. O Laboratorio desenvolveuse coa supervisión do guionista Javier Olivares quen presidiu o xurado que seleccionou a Paula co seu proxecto de serie Oro negro, un western galego, produción de Agalla Films (Paula Cons / CIMA) que en novembro de 2019 anunciouse fora seleccionado para viaxar á International Drama Summit de Content London en busca de socios internacionais.[9] Oro negro conta -explica Paula- como durante a Segunda guerra mundial os nazis desembarcaron en Galicia para extraer volframio.[10]

A illa das mentiras

Artigo principal: A illa das mentiras.

En 2019 realizou a rodaxe da súa primeira longametraxe como directora A illa das mentiras película da que ademais é guionista. Por mor da pandemia por coronavirus a película estreouse na plataforma Filmin en xullo de 2020 e foi a máis vista na plataforma durante a fin de semana da estrea.[11]

Ademais das actrices protagonistas, Nerea Barros, Vitoria Teijeiro e Ana Oca, gran parte do equipo técnico da película é feminino. "É importante que as mulleres apostemos por nós mesmas -asegura Paula-. E conseguímolo recorrendo ás mellores de cada especialidade. Porque hai mulleres moi potentes no cine español".[12] "Podía facer un drama pero me pareceu moi interesante crear 'un Thiller de señoras con pano', co que homenaxear ás nosas avoas de mozas. Porque foron moito máis superheroínas que calquera de Marvel ou DC. Tiñan un poder e unha forza que xa quixésemos nós".[13]

"Esas mulleres eran mariñeiras de primeira división e capaces de facer os mesmos traballos que facían os homes -sinala Cons-. Aínda que a mellor proba de que o machismo dominaba esa sociedade é que a noite do naufraxio non había homes na illa porque celebraban o ano novo na costa mentres as mulleres coidaban dos nenos e os anciáns".[12]

Para Cons a película ten como referencia Los santos inocentes de Mario Camus.[14]

Filmografía

Dirección

  • 13 badaladas (2009) docuserie tv directora[15]
  • La batalla desconocida (2017) documental. dirección, guión e produción executiva
  • O caso Diana Quer, 500 días (2018) documental, dirección
  • A illa das mentiras (2020) longametraxe, directora e guionista

Guión

  • Lobos sucios (2015) longametraxe co-guionista e produtora executiva
  • La batalla desconocida (2017) documental. dirección, guión e produción executiva
  • A illa das mentiras (2020) longametraxe, directora e guionista

Produción

  • O que choveu (TV Movie) (2011) (produtora asociada: Continental Producións
  • Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego (2011) TV movie produtora executiva
  • Lobos sucios (2015) longametraxe co-guionista e produtora executiva
  • La batalla desconocida (2017) documental. dirección, guión e produción executiva

Notas

  1. "Paula Cons: "Xa vale de calar a nosa historia"". Diario de Pontevedra (en castelán). 2020-07-27. Consultado o 2020-08-02. 
  2. "«Un periodista social tiene que tener capacidad para indignarse»". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de xullo de 2006. Consultado o 27 de xullo de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Paula Cons: "Di el paso a la ficción tras ganar un concurso internacional de guion"" (en castelán). Consultado o 27 de xullo de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Agallas Films". agallasfilms.es. Consultado o 2020-08-02. 
  5. "Paula Cons termina el rodaje de "El Santa Isabel", el "Titanic" gallego" (en castelán). 13 de abril de 2019. Consultado o 28 de xullo de 2020. 
  6. "La batalla desconocida" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2020. Consultado o 27 de julio de 2020. 
  7. "“La isla de los secretos" título definitivo de la película sobre el naufragio en Sálvora" (en castelán). 7 de agosto de 2019. Consultado o 27 de julio de 2020. 
  8. "La batalla desconocida" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2020. Consultado o 28 de julio de 2020. 
  9. "‘Oro negro’, producción de Paula Cons, viaja a Content London – CIMA – Asociación de mujeres cineastas y de medios audiovisuales" (en castelán). Consultado o 27 de julio de 2020. 
  10. "Paula Cons: "Para a poboación en xeral, a venda de volframio aos nazis na posguerra só valeu para prolongar a fame"". Praza Pública. 2018-02-19. Consultado o 2020-08-02. 
  11. "La isla de las mentiras' triunfa en su primer fin de semana en Filmin". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2020. Consultado o 2020-07-29. 
  12. 12,0 12,1 Jiménez, Jesús (23 de julio de 2020). "Cine | 'La isla de las mentiras', un thriller que reivindica a las heroínas del 'Titanic de Sálvora'" (en castelán). Consultado o 27 de julio de 2020. 
  13. Jiménez (@vinetabocadillo), Jesús (2020-07-23). "'La isla de las mentiras', un thriller que reivindica a las heroínas del 'Titanic de Sálvora'". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2020-08-02. 
  14. "Paula Cons: "Filmin es el mejor hogar para mi película, pero yo no me rindo"" (en castelán). 24 de julio de 2020. Consultado o 27 de julio de 2020. 
  15. "| 13 badaladas / 13 badaladas | AVG | AudioVisual Galego". Consultado o 28 de julio de 2020. 

Read other articles:

Species of bat Long-tongued nectar bat Pregnant individual in the Philippines in the Philippines Conservation status Least Concern (IUCN 3.1)[1] Scientific classification Domain: Eukaryota Kingdom: Animalia Phylum: Chordata Class: Mammalia Order: Chiroptera Family: Pteropodidae Genus: Macroglossus Species: M. minimus Binomial name Macroglossus minimus(É. Geoffroy, 1810) Geographic range of M. minimus The long-tongued nectar bat (Macroglossus minimus), also known as the nort...

 

Miedziane Grań Massiv über dem Bergsee Meerauge Höhe 2233 m n.p.m. Lage Polen, Kleinpolen Gebirge Hohe Tatra, Karpaten Koordinaten 49° 12′ 5″ N, 20° 2′ 55″ O49.20138888888920.0486111111112233Koordinaten: 49° 12′ 5″ N, 20° 2′ 55″ O Miedziane Grań (Kleinpolen) Blick vom Bergsee Czarny Staw pod Rysami Die Miedziane Grań, auch Północno-wschodnia grań Szpiglasowego Wierchu genannt, ist ein Bergmassiv ...

 

SV 67 Weinberg Basisdaten Name Sportverein 67 Weinberg e. V. Sitz Aurach-Weinberg, Bayern Gründung 1967 Farben gelb-schwarz Mitglieder 801 (Stand: 1. Januar 2022)[1] 1. Vorstand Wolfgang Scheidacker Website sv67weinberg.de Erste Fußballmannschaft Cheftrainer Petra Amslinger & Jürgen Schmidt Spielstätte Sportanlage Weinberg (Lage49.2384510.35475522) Plätze 1000 Plätze Liga Regionalliga Süd 2021/22 1. Platz Heim Auswärts Der SV 67 Weinberg ist ein Sportverein aus dem zu...

El Cromemco C-10 computador personal lanzado en 1982 El Cromemco C-10 era un computador personal basado en el microprocesador Zilog Z80A y lanzado por Cromemco en 1982. El C-10 usó discos flexibles de 5 ¼ pulgadas para almacenar programas y datos. Era uno de los primeros computadores personales.[1]​ Historia La publicidad de Cromemco C-10 en 1982 Cromemco, fundada por el Dr. Harry Garland y el Dr. Roger Melen, lanzó su primer microcomputador, el Cromemco Z-1, en 1976. Esto fue seguid...

 

Kawasan Konservasi Perairan Daerah Kabupaten Aceh Jaya (KKPD Kabupaten Aceh Jaya) adalah salah satu kawasan konservasi perairan daerah di Provinsi Aceh, Indonesia. Dalam pembagian administratif Indonesia, KKPD Kabupaten Aceh Jaya masuk dalam wilayah Kabupaten Aceh Jaya. Pada awal penetapannya, luas lahan yang ditempatinya adalah 139 hektare.[1] Setelah diadakan penambahan luas lahan, KKPD Kabupaten Aceh Jaya mempunyai lahan seluas 1.609,14 Hektare. Penetapannya berdasarkan Surat Keput...

 

Воїн Поповичсерб. Војин Поповић Народився 9 грудня 1881(1881-12-09)Sjenicad, Вілаєт Косово, Османська імперіяПомер 29 листопада 1916(1916-11-29) (34 роки)Каймакчалан, Королівство СербіяПоховання Новий цвинтарКраїна  СербіяДіяльність військовослужбовецьЗнання мов сербськаУчасник Перша с

Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada Januari 2023. Diadelioides ghesquierei Klasifikasi ilmiah Kerajaan: Animalia Filum: Arthropoda Kelas: Insecta Ordo: Coleoptera Famili: Cerambycidae Genus: Diadelioides Spesies: Diadelioides ghesquierei Diadelioides ghesquierei adalah spesies kumbang tanduk panjang y...

 

Commune in Nouvelle-Aquitaine, FranceHourtinCommuneChurch square in Hourtin-Ville Coat of armsLocation of Hourtin HourtinShow map of FranceHourtinShow map of Nouvelle-AquitaineCoordinates: 45°11′14″N 1°03′23″W / 45.1872°N 1.0564°W / 45.1872; -1.0564CountryFranceRegionNouvelle-AquitaineDepartmentGirondeArrondissementLesparre-MédocCantonLe Sud-MédocIntercommunalityCC Médoc AtlantiqueGovernment • Mayor (2020–2026) Jean-Marc Signoret[1&...

 

British electronic musician (born 1971) Aphex TwinJames performing in March 2007Background informationBirth nameRichard David JamesAlso known as AFX Bradley Strider Caustic Window GAK The Dice Man Polygon Window Power-Pill The Tuss Born (1971-08-18) 18 August 1971 (age 52)Limerick, IrelandOriginCornwall, United KingdomGenres Electronic techno ambient jungle IDM experimental Occupation(s) Musician composer DJ Instrument(s) Synthesiser piano turntables drum machine sequencer sampler laptop...

هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. (مارس 2023) سعود الزهراني معلومات شخصية الاسم الكامل سعود علي أحمد الزهراني تاريخ الميلاد 23 مايو 1993 (العمر 30 سنة) مركز اللعب مهاجم الجنسية  السعودية معلومات النادي الن...

 

Not to be confused with The Son (TV series). This article relies excessively on references to primary sources. Please improve this article by adding secondary or tertiary sources. Find sources: Son TV series – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (July 2012) (Learn how and when to remove this template message) Turkish TV series or program SonWritten byBerkun OyaDirected byUluç BayraktarStarringYiğit ÖzşenerNehir ErdoğanErkan CanBe...

 

TabunSingel oleh Yoasobidari album mini The BookBahasaJepangArti judulMungkin SajaHaven't (bahasa Inggris)Dirilis20 Juli 2020 (2020-07-20)GenreJ-popDurasi4:18LabelSony JapanPenciptaAyaseProduserAyaseKronologi singel Yoasobi Halzion (2020) Tabun (2020) Gunjō (2020) Video musikTabun di YouTubeHaven't di YouTube Tabun (たぶんcode: ja is deprecated , terj. har. Mungkin Saja) adalah lagu yang direkam oleh duo asal Jepang Yoasobi dari EP debut mereka, The Book (2021). Lagu ini dirilis pada...

2016 South Korean TV series The Vampire DetectivePromotional posterGenreFantasyHorrorActionThrillerMysteryOccult detective fictionWritten byYoo Young-seonDirected byKim Ga-ram Lee Seung-hoonStarringLee JoonOh Jung-seLee Se-youngLee Chung-ahJeiCountry of originSouth KoreaOriginal languageKoreanNo. of episodes12ProductionRunning time60 minutesOriginal releaseNetworkOCNReleaseMarch 27 (2016-03-27) –June 12, 2016 (2016-06-12)RelatedVampire Prosecutor The Vampire Detective[1&#...

 

Part of a series on theCulture of Bangladesh History Timeline Outline Topics: Bengal Aviation Literature Military Postal Rulers Cyclones Years People Peoples Names Diaspora List Languages Script Dialects Vocabulary Grammar Bengali language movement Traditions Mythology and Folklore Behula Bonbibi Oladevi Satya Pir Manasa CuisineEntrée Bakarkhani Main Course Beef Hatkora Haji biryani Kala bhuna Dessert Ras malai Monda Rosogolla Chomchom Jalebi Sandesh Drinks Seven Color Tea Sharbat Festivals ...

 

Airport in Cluj-Napoca, Romania Avram Iancu Cluj International AirportAeroportul Internațional „Avram Iancu” ClujIATA: CLJICAO: LRCLSummaryAirport typePublicOwnerCluj County CouncilOperatorAeroportul Internațional „Avram Iancu” Cluj R.A.ServesCluj County, RomaniaOpened1932 (1932)Elevation AMSL1,036 ft / 315 mCoordinates46°47′06″N 023°41′10″E / 46.78500°N 23.68611°E / 46.78500; 23.68611 (Cluj-Napoca International Airport...

Village in Masovian Voivodeship, PolandBielinoVillageBielinoCoordinates: 52°46′N 21°22′E / 52.767°N 21.367°E / 52.767; 21.367Country PolandVoivodeshipMasovianCountyWyszkówGminaRząśnik Bielino [bjɛˈlinɔ] is a village in the administrative district of Gmina Rząśnik, within Wyszków County, Masovian Voivodeship, in east-central Poland.[1] It lies approximately 8 kilometres (5 mi) north of Rząśnik, 21 km (13 mi) north of Wyszk...

 

Eyewear company Ray-BanHeadquarters in Milan, ItalyTypeSubsidiaryIndustryEyewearFounded1936; 87 years ago (1936)in Rochester, New York,United StatesHeadquartersMilan, ItalyArea servedWorldwideProductsSunglassesEyeglassesOwnerLuxottica GroupWebsiteray-ban.com Ray-Ban is a brand of luxury sunglasses and eyeglasses created in 1936 by Bausch & Lomb. The brand is best known for its Wayfarer and Aviator lines of sunglasses. In 1999, Bausch & Lomb sold the brand to Italian ...

 

2010 single by Shontelle ImpossibleSingle by Shontellefrom the album No Gravity ReleasedFebruary 9, 2010Recorded2009StudioChalice Recording Studios, Los Angeles, California, U.S.The Vault, Stockholm, SwedenLength3:46LabelSRCMotownSongwriter(s)Arnthor BirgissonIna WroldsenProducer(s)Arnthor BirgissonShontelle singles chronology Battle Cry (2009) Impossible (2010) Perfect Nightmare (2010) Music videoImpossible on YouTube Impossible is a song by Barbadian singer Shontelle. It is the lead single ...

Este artículo o sección necesita referencias que aparezcan en una publicación acreditada.Este aviso fue puesto el 13 de enero de 2021. Accidente del dirigible Wingfoot Air Express Wingfoot Air ExpressSuceso Accidente de aviaciónFecha 21 de julio de 1919Lugar Chicago Loop, Chicago, Illinois, Estados UnidosCoordenadas 41°52′41″N 87°37′56″O / 41.878125, -87.6323Origen Grant ParkDestino White City (Chicago)Fallecidos 13 (10 en tierra)Heridos 27ImplicadoTipo Dirigible...

 

When sun appears directly over equator This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: March equinox – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (August 2019) (Learn how and when to remove this template message) UT date and time of equinoxes and solstices on Earth[1][2] event equinox solsti...

 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!