Paul John Keating (n. 1944) político, foi o primeiro ministro de Australia entre 1991 e 1996.
Keating creceu no suburbio de Bankstown, en Sydney. Nos anos 1960 el fixo parte do grupo de rock The Ramrods[1]. El estudou en escolas católicas e deixou os seus estudos antes de ingresar na universidade, e ingresando nun sindicato e despois na Xuventude do Partido Laborista.
Como Xefe do Goberno destacou polos seus moitos logros legislativos e pola súa inesperada vitoria nas eleccións de 1993. Con todo, durante o seu segundo mandato as súas políticas non conseguiron atraer a un electorado cada vez máis descontento co compromiso con Asia e preocupado polos problemas económicos. Keating foi derrotado nas eleccións de 1996.
Notas