Patelisio Punou-Ki-Hihifo Finau, nado en Maʻufanga (Tonga) o 15 de marzo de 1934 e finado o 4 de outubro de 1993, foi un eclesiástico católico latino, bispo de Tonga dende 1972 até o seu pasamento.
Traxectoria
Patelisio Punou-Ki-Hihifo Finau naceu en Maʻufanga, no leste de Nukuʻalofa, na illa de Tongatapu (Tonga). Foi ordenado sacerdote da Sociedade de María o 21 de xullo de 1959.
O 15 de outubro de 1971 foi nomeado bispo coadxutor de Tonga e bispo titular de Aurusualiana. Recibiu a consagración episcopal de mans do papa Paulo VI o 13 de febreiro de 1972, e tivo como co-consagradores principais ao arcebispo de Utrecht Bernard Jan Alfrink e ao arcebispo de Armagh William John Conway.
O 7 de abril de 1972 pasou a ser o bispo de Tonga. Finou no cargo, o 4 de outubro de 1993.
Notas
Ligazóns externas