O Partido do Traballo (en lituano: Darbo partija), ou DP, é un novo partido político de Lituania. Foi fundado no 2003 polo millonario ruso Viktor Uspaskich.
Nas primeiras eleccións ás que se presentou, as Eleccións ó Parlamento Europeo do 2004 (Lituania), foi o partido máis exitoso acadando o 30.2% dos votos e conseguindo ter a cinco membros no Parlamento Europeo. Ingresou no grupo da Alianza de Liberais e Demócratas por Europa, concretamente na rama do Partido Demócrata Europeo.
Nas derradeiras eleccións lexistativas de Lituania, o 10 de outubro de 2004, conseguiu o 28.4 % do apoio popular e 39 de 141 escanos.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Partido Demócrata Europeo |
---|
|