O Partido de Baviera (en alemán: Bayernpartei) é un partido político autonomista[1] e rexionalista[2] do estado de Baviera, no sur de Alemaña. Foi fundado en 1946 e descríbese como patriótico bávaro, buscando a independencia de Baviera dentro da Unión Europea. Xunto coa Unión Social Cristiá pode verse como herdeiro do Partido Popular Bávaro que existiu antes da segunda guerra mundial. Tras algún éxito a finais dos 40 e nos 50, o partido perdeu votantes rapidamente. Aínda hoxe existe pero foi elixido para o parlamento estatal de Baviera por última vez en 1962. O actual presidente do partido é Florian Weber. O partido é membro da Alianza Libre Europea.[3]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas