O PCTP/MRPP foi fundado o 26 de decembro de 1976 a partir do Movemento Re-organizativo do Partido do Proletariado, que se fundara o 18 de setembro de 1970, tendo como secretario xeral a Arnaldo Matos.
O seu órgano de expresión é o Luta Popular, cuxa primeira edición foi lanzada en 1971. O MRPP foi un partido moi activo antes do 25 de abril de 1974, especialmente entre estudantes e operarios de Lisboa. O MRPP -como o PCTP- gañou fama coas súas grandes e vistosas pinturas murais. Desenvolveu unha grande actividade durante 1974 e 1975. Nesa altura contaba entre os seus militantes a persoas que máis tarde chegarían a cobrar gran relevo na política portuguesa, como José Manuel Durão Barroso e Fernando Rosas.
Tras o 25 de abril, o MRPP foi acusado polo Partido Comunista Portugués de ser subsidiado pola CIA. Esta crenza baseouse na cooperación entre o MRPP e o Partido Socialista, durante o chamado Verán quente.