O parrulo bóla[1][2] (Aythya affinis) é un paxaro anseriforme da familia dos anátidos.
Características
Presenta un marcado dimorfismo sexual que se aprecia non só na coloración da plumaxe, senón tamén no seu talle e peso. Os adultos miden entre 38 e 48 cm de lonxitude (de 42 a 43 cm de media). As femias pesan de media uns 730 gramos, mentres que os machos van dende o 790 até os 850 gramos (820 de media).
Distribución e costumes
Cría en ríos e lagos de Alasca, a metade occidental do Canadá e o noroeste dos Estados Unidos. Durante o inverno móvese cara ao sur, ocupando lagos e zonas costeiras do oeste e sur dos Estados Unidos, México, o Caribe e América Central até Panamá.
Galería de imaxes
-
Macho e femia xuntos.
-
Aythya affinis femia.
-
Aythya affinis macho.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas