Parque Nacional de Salonga é un parque nacional na República Democrática do Congo que se atopa na cunca do río na cunca do río Congo. É a meirande reserva de selva tropical de África, a cal abrangue sobre 36,000 km². Esténdese polas provincias de Mai Ndombe, Equateur, Kasaï e Sankuru. En 1984, o parque nacional foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO para a protección dun zona grande de selva tropical intacta e un hábitat importante para moitas especies raras.[1] En 1999, o lugar foi clasificado na Lista do Patrimonio da Humanidade en Perigo debido á caza furtiva e á construción de vivendas.[2] Trala mellora do seu estado de conservación, o lugar foi retirado da lista en perigo de extinción no ano 2021.[3]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía