O Parque Nacional Talampaya é un parque nacional situado no leste/centro da Provincia da Rioxa, na Arxentina. Foi designada reserva provincial en 1975, parque nacional en 1997 e Patrimonio da Humanidade da UNESCO en 2000.
Localización
O parque protexe unha área da ecorrexión Monte Alto.[1] O parque abarca unha superficie de 2150 km², a unha altitude de 1500 m. sobre o nivel medio do mar. A súa finalidade é protexer importantes xacementos arqueolóxicos e paleontolóxicos atopados na zona. Posúe paisaxes de gran beleza, con flora e fauna propias do bioma de montaña.
O parque atópase nunha conca entre o Cerro Los Colorados ao oeste e a serra de Sañagasta ao leste. A paisaxe é o resultado da erosión pola auga e o vento nun clima desértico, con grandes variacións de temperatura: calor elevada durante o día e baixa temperatura pola noite, con choiva torrencial no verán e vento forte na primavera.
Características
O parque inclúe:
Galería
-
Parque Nacional de Talampaya
-
Entrada do canón de Talampaya
-
Petróglifos
-
Parque Nacional Talampaya
-
Autobuses turísticos no parque
-
Rhea
-
O muro
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas