O Sabor está composto por un número de lexisladores que varía de 100 a 160, electos en base no sufraxio universal e igualitario, e a través do voto secreto, para cumpriren mandatos de catro anos. Cada mandato pode ser prolongado excepcionalmente durante unha guerra.
A maioría dos representantes vén de cada un dos Condados da Croacia, porén algúns son electos como representantes de determinadas minorías ou de croatas na diáspora. Actualmente[cando?] o número de membros é de 153: 140 dos condados, oito representando diversas minorías e cinco representando os croatas no exterior. O Sabor é presidido por un dos representantes, denominado Presidente, que por á vez é auxiliado polo menos co Vicepresidente (normalmente catro ou cinco).
convoca eleccións e delega cargos, en conformidade coa constitución e as leis.
supervisa o traballo do goberno da República de Croacia e doutros ocupantes de cargos públicos relacionados co Parlamento croata, en conformidade coa constitución e as leis.
conduce calquera outro asunto delegado pola constitución.
O Sabor toma as súas decisións a través de voto maioritario, coa condición de que unha maioría dos representantes estean presentes na sesión.
Leis que regulan os dereitos das minorías nacionais, decisións que teñan algunha relación coas fronteiras do país ou coas forzas armadas cruzando estas fronteiras, son pasadas polo Parlamento de Croacia por unha maioría de dous terzos de todos os seus representantes.
Leis que determinan os dereitos humanos (definidos constitucionalmente) e as liberdades fundamentais, o sistema electoral, a organización, autoridade e operación dos corpos gobernamentais, ben como a organización e autoridade de autogoberno local e rexional son promulgadas polo Parlamento de Croacia, por un voto maioritario de todos os representantes.
Cada representante do parlamento, os clubs parlamentarios de representantes e os organismos de traballo do Parlamento de Croacia e o goberno da República de Croacia ten o dereito de propor leis.
Os membros do Parlamento croata teñen o dereito de encamiñar cuestións ao goberno da República de Croacia e aos ministros, individualmente.
Polo menos un décimo dos representantes do parlamento pode presentar unha interpelación a unha operación do goberno da República de Croacia, ou a un dos seus membros.
O Parlamento de Croacia poderá formar comisións de investigacións relacionadas con calquera asunto de interese público.
↑O representante normalmente pode ser membro dun só club parlamentario, porén os representantes das minorías nacionais poden ser membros dos clubs parlamentarios do seu partido, así como membros do club parlamentario da minoría nacional que foi aceptable para o seu partido. Hrvatski sabor - EnglishArquivado 25 de setembro de 2015 en Wayback Machine., Hrvatski saborArquivado 25 de setembro de 2015 en Wayback Machine..