Park Chanyeol, nado o 27 de novembro de 1992[1], é un rapeiro, cantante, compositor e actor surcoreano. Debutou en 2012 como membro da banda surcoreano-chinesa EXO e da súa subunidade EXO-K.
Primeiros anos
Park Chanyeol naceu en Seúl, Corea do Sur. Asistiu á Hyundai High School en Apgujeong-dong, Seúl. Ten unha irmá chamada Park Yoora, quen é actualmente unha presentadora na cadea de televisión surcoreana YTN,[2] e anteriormente na MBC. Chanyeol foi admitido nunha institución privada de interpretación cando tiña dezaseis anos, onde se volveu un bo amigo de P.O. de Block B.
Despois de ver Escola de Rock na escola primaria, Chanyeol interesouse na música e pronto comezou a tocar a batería.[3] Chanyeol, comezou a soñar con converterse nun cantante tras de escoitar Unconditional Kismet de Yoo Young-jin.[4] Cando era un estudante de primeiro curso da escola media, formou unha banda chamada "Heavy Noise" cos seus mellores amigos e tocou con eles durante uns tres anos.[5] Durante os seus primeiros anos de instituto, estivo imbolucrado na banda da súa escola, "Siren".
Chanyeol citou Jason Mraz e Eminem como as súas máis grandes influencias, aínda que na escola media era un gran seguidor de bandas de rock como Muse, Green Day, Nirvana, e X-Japan.[6]
Chanyeol converteuse nun aprendiz en SM Entertainment despois de gañar o segundo posto no Smart Model Contest de 2008. Mentres adestraba en S.M., comezou a centrarse no rap. Antes do seu debut, Chanyeol fixo cameos no vídeos musicais de TVXQ, "HaHaHa Song" e de Girls' Generation "Genie" en 2008 e 2010 respectivamente.
É actualmente un estudante de Administración de Cultura e Arte na Kyung Hee Cyber University xunto a compañeiros de Exo como Suho, Baekhyun, e Kai.[7]
Carreira
2012 - 2014: comezos de carreira
Chanyeol foi anunciado oficialmente como o derradeiro membro do grupo o 23 de febreiro de 2012. O grupo debutou oficialmente o 8 de abril de 2012.
En abril de 2012, apareceu no vídeo musical de Girls' Generation-TTS do sinxelo do seu debut "Twinkle".
En 2014, Chanyeol escribiu o rap para a versión coreana da canción "Run" do segundo disco de Exo Overdose e tamén apareceu nos discos de debut dos seus compañeiros do mesmo selo discográfico Henry e Zhou Mi. Converteuse nun membro do elenco dos realities televisivos da SBS: Law of the Jungle en Micronesia[8] e Roommate. Deixou Roommate en setembro por problemas de axenda.[9]
2015 - presente: actuación e composición
En abril de 2015, Chanyeol fixo o seu debut na grande pantalla co filme surcoreano Salut d'Amour xunto coa actriz Moon Ga-young, quen posteriormente coprotagonizou o drama web Exo Next Door.[10] En xuño de 2015, Chanyeol, xunto cos seus compañeiros de Exo Chen e Lay, escribiu a versión coreana da canción "Promise" da reedición Love Me Right do segundo álbum de estudio de Exo, Exodus.[11] Máis tarde escribiu o rap de "Lightsaber", o sinxelo promocional para Star Wars: The Force Awakens, que foi posteriormente incluída no terceiro EP de Exo, Sing for you.
En abril de 2016, Chanyeol escribiu e interpretou o rap da canción "Confession" do álbum de debut de Yesung, Here I Am. No terceiro álbum de estudio de Exo Ex'Act, o cal foi lanzado en maio, coescribiu a letra da canción "Heaven". En xuño do mesmo ano, foi lanzado o filme coreano-chinés So I Married An Anti-fan, no cal Chanyeol desempeña o papel como protagonista masculino xunto coas actrices Yuan Shanshan e Seohyun. El e mais Yuan Shanshan tamén gravaron un dueto titulado "I Hate You" como tema principal do filme. En setembro, Chanyeol comezou a filmar a vindeira serie de televisión da MBC, Missing Nine. O 6 de outubro, Chanyeol e o cantante de R&B americano Tinashe foron anunciados como invitados na canción do grupo americano de hip hop Far East Movement e do músico americano Marshmello, "Freal Luv".
Discografía
Cancións
Créditos como escritor e compositor
Ano
|
Álbum
|
Artista
|
Canción
|
Letras
|
Música
|
Acreditado
|
Con
|
Acreditado
|
Con
|
2014
|
Overdose
|
Exo-K
|
"Run"
|
Rap
|
—
|
Non
|
—
|
2015
|
Law of the Jungle BSO
|
Chanyeol
|
"Last Hunter"
|
Si
|
—
|
Si
|
—
|
—
|
"Who I Am"
|
Si
|
—
|
Si
|
—
|
—
|
"Young Street"
|
Si
|
—
|
Si
|
—
|
Unpretty Rapstar 2 Semi-Parte final 1
|
Heize ft. Chanyeol
|
"Don't Make Money"
|
Rap
|
—
|
Non
|
—
|
Love Me Right
|
Exo
|
"Promesa" (Versión Coreana)
|
Si
|
Chen & Lay
|
Non
|
—
|
Sing for You
|
"Lightsaber"
|
Rap
|
—
|
Non
|
—
|
2016
|
—
|
Chanyeol
|
"You Are"
|
Si
|
—
|
Si
|
—
|
Here I Am
|
Yesung
|
"Confession"
|
Rap
|
—
|
Non
|
—
|
Ex'Act
|
Exo
|
"Heaven" (Versión Coreana)
|
Si
|
Min Yeon-jae
|
Non
|
—
|
"Heaven"
(Versión Chinesa)
|
Si
|
Min Yeon-jae, Wang Jung-un
|
Non
|
—
|
Identity
|
Far East Movement e Marshmello con Chanyeol e Tinashe
|
"Freal Luv"
|
Si
|
Kevin Nishimura, J. Roh, Virman Coquia, C. Comstock, Tinashe, William Phillips
|
Si
|
Kevin Nishimura, J. Roh, Virman Coquia, C. Comstock, Tinashe, William Phillips
|
Filmografía
Filmes
Ano
|
Título
|
Papel
|
Notas
|
2015
|
Salut d'Amour
|
Min-sung
|
Personaxe secundario
|
2016
|
So I Married an Anti-fan
|
Hoo Joon
|
Protagonista
|
Series de televisión
Ano
|
Título
|
Rede
|
Función
|
Notas
|
2008
|
High Kick!
|
KBS2
|
Estudante de instituto
|
Cameo; Episodio 71
|
2012
|
To The Beautiful You
|
SBS
|
El mesmo
|
Cameo; Episodio 2
|
2013
|
Royal Villa
|
jTBC
|
2015
|
Exo Next Door
|
Naver TV Cast
|
Chanyeol
|
Protagonista
|
2017
|
Missing 9
|
MBC
|
Lee Yeol
|
Personaxe secundario
|
Presentador
Ano
|
Título
|
Función
|
Rede
|
Data(s)
|
Notas
|
2013
|
Music Bank
|
MC especial
|
KBS
|
7 de xuño de 2013
|
Con Baekhyun
|
12 de xullo de 2013
|
Con D.O.
|
M!Countdown
|
Mnet
|
1 de agosto de 2013
|
Con Sulli
|
Music Bank
|
KBS
|
23 de agosto de 2013
6 de setembro de 2013
|
Con Baekhyun
|
Show! Music Core
|
MBC
|
5 de outubro de 2013
|
2014
|
Music Bank en México
|
KBS
|
12 de novembro de 2014
|
Con Doojoon e Sungkyu
|
2015
|
Show! Music Core
|
MBC
|
2 de maio de 2015
|
Con Hyeri & Choa
|
2016
|
16 de abril de 2016
|
Con Zico
|
18 de xuño de 2016
|
Con Jooheon
|
Aparicións en vídeos musicais
Ano
|
Título
|
Artista
|
2008
|
"HaHaHa Song"
|
TVXQ
|
2010
|
"Genie" (Versión xaponesa)
|
Girls' Generation
|
2012
|
"Twinkle"
|
Girls' Generation-TTS
|
2013
|
"1-4-3 (I love you)"
(versión acústica)
|
Henry Lau
|
"You don't know love"
|
K.Will
|
2014
|
"Hope" ((remake))
|
H.O
|
2015
|
"Can you feel it?"
|
Donghae & Eunhyuk
|
"12:25 (wishlist)"
|
f(x)
|
2016
|
"I Hate You"
|
Chanyeol & Yuan Shanshan
|
"Freal Luv"
|
Far East Movement e Marshmello con Chanyeol e Tinashe
|
Premios e nomeamentos
Ano
|
Premio
|
Categoría
|
Candidato por
|
Resultado
|
2015
|
51.º Premios de Artes Baeksang
|
Actor máis popular (Filme)
|
Salut d'Amour
|
Candidato
|
8º. Korean Drama Awards
|
Mellor Actor Novo
|
Exo Porta próxima
|
Gañou
|
Premio de estrela Hallyu
|
Gañou
|
2016
|
16º. Top Chinese Music Awards[21]
|
Famoso estranxeiro máis popular
|
—
|
Gañou
|
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas