Paprika (パプリカ, Papurika?) é un filme xaponés de anime e ciencia ficción coescrito e dirixido por Satoshi Kon. Baséase na novela de Yasutaka Tsutsui Paprika, e conta unha investigación psicolóxica que empregan uns dispositivos que axudan ós pacientes a entrar nos seus propios soños. Foi o cuarto e derradeiro filme de Kon antes da súa morte no ano 2010. Está protagonizado polas voces de Megumi Hayashibara, Tōru Emori, Katsunosuke Hori, Tōru Furuya, Akio Ōtsuka, Kōichi Yamadera e Hideyuki Tanaka.
Kon e Seishi Minakami escribiron o guión, e o estudio xaponés de animación Madhouse, animou e produciu o filme xunto con Sony Pictures Entertainment Japan, que o distribuíu no Xapón. A banda sonora foi composta por Susumu Hirasawa.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas