Especie
|
Ilustración
|
Estado de conservación
|
Distribución
|
Comentarios
|
León americano Panthera atrox (Leidy, 1853)
|
|
|
En América do Norte, dende o sur de Alasca ata o norte de México.
|
Extinto dende o 8000 a. C. Tradicionalmente era considerado como unha subespecie do león, porén estudos recentes indican que se trata dunha especie diferente.
|
Panthera balamoides Stinnesbeck et al., 2019
|
|
|
Península do Iucatán (México).
|
Extinto hai 13400 anos. Suxeriuse que son restos mal identificados de Arctotherium, o que o faría unha especie inválida.
|
Panthera blytheae Tseng et al., 2013
|
|
|
Cordilleira do Himalaia.
|
Extinto hai 6 millóns de anos. Os estudos indican que estaba relacionado co leopardo das neves e o tigre.
|
Panthera crassidens Broom, 1948
|
|
|
Sur de África.
|
Viviu durante o Plistoceno inferior. Suxeriuse que o material base inclúe tamén restos doutro felino, converténdose en inválido.
|
Xaguar europeo Panthera gombaszoegensis Kretzoi, 1938
|
|
|
En Europa, con presenza en Inglaterra, Alemaña, España, Francia e os Países Baixos.
|
Extinto dende hai 1,5 millóns de anos. É a especie coñecida de Panthera máis antiga de Europa.
|
León Panthera leo Linnaeus, 1758
|
|
Especie vulnerable
|
Viven en poboacións cada vez máis dispersas e fragmentadas da África subsahariana (a excepción das rexións selváticas da costa do Atlántico e a conca do Congo) e unha pequena zona do noroeste da India (unha poboación en perigo crítico no parque nacional do Bosque de Gir e arredores). Historicamente, viviu tamén en Asia do Sur, Asia Occidental, África do Norte e a península balcánica.
|
Tradicionalmente recoñecíanse 12 subespecies de león. Actualmente considéranse como válidas oito subespecies, dúas das cales están extintas dende tempos recentes:
Existen ademais subespecies fósiles e prehistóricas.
|
Panthera palaeosinensis (Zdansky, 1924)
|
|
|
Norte da China e illa de Xava.
|
Extinto hai 2 ou 3 millóns de anos. Estudos realizados suxiren que está estreitamente relacionado co antepasado común dos membros actuais do xénero Panthera.
|
Leopardo Panthera pardus Linnaeus, 1758
|
|
Especie vulnerable
|
Historicamente encontrábase en África, o Cáucaso e Asia, aínda que actualmente se encontra extinto no norte de África e en declive na península arábiga e en Asia occidental e central.
|
Actualmente recóñecense oito subespecies como válidas:
|
Panthera shawi (Broom, 1948)
|
|
|
Sur de África.
|
Viviu durante o Plioceno superior. É un dos membros do xénero Panthera máis antigos que se coñecen.
|
Xaguar Panthera onca (Linnaeus, 1758)
|
|
Especie case ameazada
|
A súa distribución actual esténdese dende o extremo sur dos Estados Unidos continuando por gran parte de México, América Central e América do Sur ata o norte e noroeste da Arxentina.
|
Recoñécense nove subespecies, unha das cales está extinta dende tempos recentes. A validez das subespecies é discutida:
Existen ademais subespecies fósiles e prehistóricas.
|
Panthera schreuderi Von Koenigswald, 1960
|
|
|
Europa
|
Extinto dende o Plistoceno temperán. Suxeriuse que é un sinónimo do xaguar europeo (P. gombaszoegensis)
|
León das cavernas Panthera spelaea Goldfuss, 1810
|
|
|
Dende a Península Ibérica e as illas británicas en Europa ata Alasca en América do Norte.
|
Extinto hai 10000 anos. Tradicionalmente era considerado como unha subespecie do león pero estudos recentes indican que se trata dunha especie diferente. Posiblemente deu orixe ao león americano (P. atrox).
Recoñécense dúas subespecies: a europea (P. s. spalea) e a de Berinxia (P. s. vereshchagini).
|
Tigre Panthera tigris Linnaeus, 1758
|
|
Especie en perigo de extinción
|
Viven en áreas fragmentarias de Asia. Historicamente habitou en Rusia, Irán, Afganistán, India, China e o sueste Asiático, incluíndo as illas indonesas.
|
Recoñécense nove subespecies, tres das cales están extintas dende tempos recentes:
Existen ademais subespecies fósiles e prehistóricas.
|
León toscano Panthera toscana Schaub, 1949
|
|
|
Península itálica.
|
Extinto dende o Plioceno temperán. É considerado unha forma primitiva de P. gombaszoegensis.
|
Leopardo das neves Panthera uncia (Schreber, 1775)
|
|
Especie vulnerable
|
Habita nas montañas de Asia Central, a altitudes de 2000 e os 4000 msnm, aínda que no Himalaia foi encontrado ata a 6000 msnm.
|
Recoñécense tres subespecies como válidas: de Pamir (P. u. uncia), do Himalaya (P. u. uncioides) e de Mongolia (P. u. irbis).
Porén existe controversia da validez das mesmas.
|
Panthera youngi Pei, 1934
|
|
|
Nordeste da China e o Xapón.
|
Extinto hai 350 000 anos. Posiblemente sexa sinónimo do león cavernario (P. spalea) ou do león antigo (Panthera leo fossilis).
|
Panthera zdanskyi Mazák, Christiansen & Kitchener, 2011
|
|
|
Ganzu (nordeste da China).
|
Viviu entre 2,55 a 2,16 millóns de anos e, posiblemente, estaba relacionado co tigre moderno (Panthera tigris).
|