Pandemic: How to Prevent an Outbreak é unha serie documental estadounidense de 2020 sobre as pandemias. Estreouse a través de Netflix o 22 de xaneiro de 2020.[1] A serie abrangue unha serie de temas arredor das pandemias, como a posibilidade dun abrocho de gripe, a investigación por conseguir unha vacina universal, os virus emerxentes, os antivacinas e o abrocho da enfermidade polo virus Ébola en África.
Acollida
A serie atraeu a atención dos medios de comunicación por mor da pandemia por coronavirus de 2019-2020.[2][3]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas