O Palacio Vello de Narbona (Francia), é parte do palacio dos arcebispos de Narbona. Está situado na zona da cidade de Narbona coñecida coma a Magdalena. Queda superado pola antiga catedral chamada de Teobaldo (arcebispo do 885 al 893) e o campanario da catedral actual. A antiga catedral foi desprazada co tempo, e as estruturas carolinxias foron substituídas por construcións de arquitectura románica.
O palacio foi edificado ó lado da catedral de Teobaldo (antes igrexa) e, inicialmente, foi un conxunto de construcións modestas para converterse, máis tarde, nun gran palacio con arquitectura románica e renacentista.
La torre da Magdalena foi unha edificación de defensa construída no século XIII que protexía a capela de Santa Magdalena, edificada polo arquitecto Pedro de Montbrun (1272-1286).