Palacio de Xustiza de Colombia

Palacio de Xustiza de Colombia.

O Palacio de Xustiza de Colombia (en castelán: Palacio de Justicia de Colombia) é un edificio que se atopa na praza Bolívar da cidade de Bogotá, sede e símbolo do poder xudicial en Colombia.

Historia

Ao longo da historia de Colombia existiron tres edificios que serviron de sede ao Palacio de Xustiza. O primeiro era un edificio de estilo neoclásico deseñado polo arquitecto Pablo de la Cruz, o cal se atopaba na rúa 11 coa carreira 6ª e funcionou dende a década de 1920. O edificio foi destruído por un incendio durante os disturbios do 9 de abril de 1948, coñecido como o Bogotazo, ocorridos tralo asasinato de Jorge Eliécer Gaitán.[1]

O edificio que o substituíu foi deseñado polo arquitecto Roberto Londoño na década de 1960, de tendencia modernista con elementos neoclásicos aínda que quedando en parte inconcluso. Atopábase na praza de Bolívar e foi destruído o 6 de novembro de 1985 como consecuencia da toma que realizou a guerrilla do M-19 e a retoma que executou o exército.[1]

Trala destrución do Palacio, os maxistrados sobreviventes, encabezados por Fernando Uribe Restrepo, despacharon en instalacións do Banco da República, logo no edificio do Banco de Crédito (carreira 7 con rúa 27) e logo nun edificio do norte de Bogotá até que se inaugurou o edificio novo, situado no mesmo lugar que o destruído en 1985, onde funcionan a Corte Suprema de Xustiza, a Corte Constitucional, o Consello de Estado e o Consello Superior da Xudicatura dende o ano 2004. Na honra do presidente da Corte Suprema de Xustiza, Alfonso Reyes Echandía, morto na toma en 1985, bautizouse o palacio co seu nome.

Na entrada, atópase a única peza da antiga estrutura,[2] a placa coa frase do xeneral Francisco de Paula Santander: Colombianos, as armas déronvos independencia, as leis daranvos liberdade".

Notas

  1. 1,0 1,1 "El Palacio de justicia, edificio con historia". Caracol Radio. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2013. Consultado o 21 de abril de 2008. 
  2. El Tiempo (ed.). "Tras 13 años, hay Palacio de Justicia" (en castelán). Consultado o 6 de maio de 2021. 

Véxase tamén

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!