O Palacio de Deportes de Murcia é un pavillón deportivo multiúsos da cidade de Murcia, España. O recinto serve de sede para o equipo de baloncesto UCAM Murcia e para o de fútbol sala ElPozo Murcia. Deseñado polo arquitecto Miguel Ángel Beloqui, foi construído en 1994, contando coas mellores innovacións existentes da época e custando máis de 4.500 millóns de pesetas. Ten unha capacidade total de 7.454 espectadores[1] (6.026 en bancadas fixas e 1.428 en bancadas móbiles), ampliable a preto de 9.000 con bancadas supletorias. Está situado na Avenida del Rocío, na zona da capital murciana coñecida como Las Atalayas.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas