A púrpura de Tiro (en grego antigo πορφύρα, porphýra, en latínpurpura), tamén coñecida como púrpura real ou púrpura imperial, é un colorante ou tintura de cor púrpura, cuxo ton pode variar entre un vermello púrpureo e o morado, que foi usado polos antigos fenicios na cidade de Tiro.
Na natureza estes caracois usan a secreción como parte do seu comportamento depredador, pero o caracol tamén segrega esta substancia cando se sente ameazado ou é atacado fisicamente.
Algunhas outras especies da familia (por exemplo, Purpura patula do océano Atlántico occidental) tamén poden producir unha substancia similar que se converte nunha duradeira tintura púrpura cando se expón á luz do sol.
Historia
Crese que xa era utilizada polos fenicios contra o ano 1570 a. C.[1][2] Suxeriuse que o nome Fenicia significa terra da púrpura.[3][4]
Os fenicios tamén facían unha tintura de cor entre púrpura e índigo, chamada azul real, que se fabricaba a partir dunha especie moi semellante a B. brandaris, Murex trunculus.[Cómpre referencia]
A púrpura de Tiro era moi custosa. O historiador Teopompo, do século -IV escribiu: «A púrpura para as tinturas valía o seu peso en prata en Cólofon.»[5][6]
Para producir un gramo de púrpura necesitábanse 9 000 moluscos aproximadamente, polo que o seu uso limitábase unicamente aos artigos de luxo.
A tintura foi moi apreada na antigüidade, porque a cor era moi resistente á decoloración, e mesmo volvíase máis brillante á intemperie e baixo a luz do sol. Presentábase en varias tonalidades, sendo a máis prezada a de cor sangue coagulada tinguida de negro.[2][7] Era un artigo comercial de luxo, moi aprezado polos romanos, que a usaban para tinguir túnicas cerimoniais.
Datos arqueolóxicos de Tiro indican que os caracois se almacenaban en grandes tallas para que se descompuxesen. Isto producía un fedor insoportábel, o que foi mencionado polos antigos autores. Coñécese pouco sobre os seguientes pasos do proceso, e o método antigo para a produción en masa das tinturas "múrex" aínda non se reconstruíu con éxito; crese que esta cor dun ton "sangue coagulada amourada", a máis prezada, conseguíase bañando dúas veces as prendas, unha vez no colorante índigo de M. trunculus e outra na tintura vermello-púrpura de M. brandaris.
O lexicógrafo grego Xuio Pólux, que viviu no século -II, afirmaba que a tintura púrpura fora descuberta por Heracles ou, mellor dito, polo seu can, cuxa boca tinguiuse de púrpura ao mastigar caracois ao longo da costa do Levante mediterráneo. Recentemente o descubrimento arqueolóxico dun número considerábel de cunchas de Murex en Creta suxire que os minoicos puideron ser os pioneiros na extracción da púrpura imperial séculos antes que os tirios. Datacións realizadas a partir de obxectos de cerámica suxiren que a tintura puido ser producida durante o período Minoico Medio entre os séculos XX e XVIII a.C.[8][9]
Citas bíblicas
Na Biblia distínguese claramente entre dúas cores distintas desta tintura:
Os que tiñan púrpura violeta e escarlata e carmesí, li´ño fino, pelo de cabra, peles de carneiro tinguidas de vermello e coiros finos, traíani tamén. (Ex. 35.23)
Mándame, pois, un home hábil en traballar o ouro, a prata, o bronce, o ferro, a púrpura escarlata, o carmesí e a púrpura violeta, e que saiba gravar; estará cos artesanos que teño conigo en Xudá e en Xerusalén, xa que meu pai David xa puxo á miña disposición. (2Cr 2,6)
Salomón fixo ademais o cortinado de púrpura violeta, púrpura escarlata, carmesí e liño fino, e nela fixo bordar querubíns. (2Cr 3,14)
Entón Xudas regresou para saquear o campamento; xuntaron moitas moedas de ouro e prata, teas de púrpura violeta e de púrpura vermella e moitas outras riquezas. (1Mac 4,23)
O principal compoñente químico do colorante tirio foi descuberto en 1909 por Paul Friedländer, sendo o 6,6′-dibromoíndigo, unha substancia que fora sintetizada previamente en 1903. Porén, esta nunca foi sintetizada comercialmente.[10][11]
Notas
↑McGovern, P. E. & Michel, R. H. (1985): "Royal Purple dye: tracing the chemical origins of the industry". Anal. Chem.57: 1514A-1522A.
↑Reese, David S. (1987): "Palaikastro Shells and Bronze Age Purple-Dye Production in the Mediterranean Basin". 'Annual of the British School of Archaeology at Athens82: 201–206.
↑Stieglitz, Robert R. (1994): "The Minoan Origin of Tyrian Purple." Biblical Archaeologist57: 46–54.