Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Ouarzazate (en árabe: ورززات, Warzāzāt) é unha cidade do sur de Marrocos, capital da provincia de Ouarzazate. A cidade é famosa polos seus estudos cinematográficos, Atlas Studios, na cal se rodaron moitos filmes históricos (Asterix e Cleopatre, Cleopatra, Kundun, Gladiator ou Babel). Fundada en 1928 polo poder colonial francés, a súa vida centrouse durante moito tempo na guarnición militar. A súa poboación en 2014 era de 71 067 habitantes.[1]