Osmund (fl. c. 760 – c. 772) foi un rei de Sussex, que aparentemente reinou conxuntamente con Oswald, Ælfwald, e Oslac.
Traxectoria
Segundo a Crónica anglosaxoa, versión D, Osmund reinaba en Sussex cando morreu o arcebispo Cuthbert en 760, así que o seu goberno comezou antes daquel acontecemento.
Osmund emitiu un documento[1], datado en 762 (por 765), asinado como Osmundus.
Osmund tamén emitiu un documento datado no 770 no cal aparece como Osmundus rex[2].
Así que o reinado de Osmund foi desde polo menos o 760 ou antes ata 770 e 772, cando actuou como testemuña de Offa, rei de Mercia, datado en 772 como Osmund dux[3]. Evidentemente foi relegado de rei a ealdorman despois da conquista de Sussex por Offa.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Simon Keynes: Kings of the South Saxons. In: Lapidge et al. (Hrsg.): The Blackwell Encyclopaedia of Anglo-Saxon England. Wiley-Blackwell, Oxford. 2001, ISBN 978-0-6312-2492-1, pp. 509–510.
- D. P. Kirby: The Earliest English Kings, Routledge, 2000, ISBN 978-0415242110.
- John Cannon, Anne Hargreaves: The Kings and Queens of Britain, Oxford University Press, 2009 (2ª ed. aum.), ISBN 978-0-19-955922-0, p. 25.
- Barbara Yorke: Kings and Kingdoms of Early Anglo-Saxon England. Routledge, Londres-Nova York 2002, ISBN 978-0-415-16639-3. PDF (6,2 MB)
|
---|
Orixes | |
---|
século VII | |
---|
século VIII | |
---|
século X | |
---|
En itálica, individuos cuxo rango, ou mesmo existencia, son inseguros. |