Os Irmandiños, Sociedade Cooperativa Galega é unha cooperativa de carácter agropecuario con base na parroquia da Devesa (Ribadeo). Foi creada en 1976 e comezou a súa actividade en 1978[1].
Historia
En 1991 puxo en marcha os seus servizos técnicos[2], e o Parque de maquinaria no 1992[1]. En 1993 superou os mil millóns de pesetas de facturación.[3] En 2014 contaba con 87 empregados e 36 673 004 € de facturación.[4]
En 2016 integrouse en CLUN -Cooperativas Lácteas Unidas, grupo económico integrado por Feiraco, Irmandiños e Melisanto[5]- despois de ter participado noutros grupos cooperativos.
En 2017 ten máis de mil socios de 40 concellos de Galicia e Asturias[1].
Nas instalacións da Devesa dispón ademais de almacéns, unha tenda estilo gran superficie e unha estación de servizo inaugurada no 2017. A poucos quilómetros, en Vilamartín Grande (Cabarcos, Barreiros) sitúase o CAVI, Centro de Alimentación de Vacún Irmandiños. Na década de 2010 esta instalación é acusada reiteradamente de verquidos con influencia na calidade da auga recollida no encoro de Lexoso para Ribadeo.[6]