Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Os Baños.
San Xoán dos Baños é unha parroquia do concello ourensán de Bande, que engloba os lugares dos Baños, Lebosandaus, Maus e Vilela [2]. Segundo o IGE en 2011 tiña 78 habitantes (37 homes e 41 mulleres).
Patrimonio
A aldea de Baños quedou anegada polo encoro das Conchas, no río Limia, na década de 1940. Xunto con Porto Quintela formaban un nó comercial no que daquela xa existían tendas especializadas en tecidos, calzado, alimentación, ferretería, peiteado, ademais de bares e tabernas arredor do balneario do Xaime. A igrexa parroquial foi trasladada pedra a pedra a carón da estrada N-540, contando con casa reitoral anexa.
Á beira do encoro está o campamento romano de Aquis Querquennis e as termas de Bande. Estas dúas construcións, así como unha mansio romana (pousada de aloxamento), están situadas á beira da Vía Nova, a Vía XVIII do itinerario de Antonino.
Na parroquia atópase tamén O castro nos montes de Lobosandaus e a ponte Cabanas entre As Maus e Negueiroá (tamén baixo o encoro). En Vilela está a capela de santo André, e nas Maus a de santo Antón. Muíños e fornos de uso comunitario están a perderse e derruírse.
Demografía
Na segunda metade do século XX a poboación baixou moito por mor da emigración cara á conca mineira de Asturias, a construción dos túneles do ferrocarril entre Ourense e Zamora, e a países de Europa coma Alemaña, Francia, Suíza, ou os Países Baixos.
Festas
Celébranse o día de San Bieito (21 de marzo orixinariamente, na actualidade o día 11 de xullo). Lobosandaus celebra as Candeas o 2 de febreiro.
Lugares e parroquias
Lugares dos Baños
Parroquias de Bande
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas