Os Areeiras de Catoira

Os Areeiras de Catoira
OrixeCatoira, Galiza,
Período(1943-1980)
Xénero(s)Música tradicional galega
MembrosRamón, Tito e Agustín Sumay e Alfonso Díez

Os Areeiras de Catoira é un grupo musical de música tradicional galega formado na década dos anos 40 en Catoira.

Historia

Ramón Sumay formou o seu primeiro dúo de gaitas co seu mestre Agustín Lorenzo Loroño nos grupos Airiños de Campelo e Brisas do Río Ulla, aconsellado por Avelino Cachafeiro, e percorreu a xeografía galega ata o inicio da guerra civil española en 1936.

No ano 1940 retoma a actividade artística e forman o cuarteto Os Areeiras de Catoria, nome que facía referencia ao lugar do Areal de onde procedía a familia. A formación inicial se completaba con Tito Sumay (gaita), Agustín Sumay (caixa) e Alfonso Díez O Zapateiro. Posteriormente participarían tamén como bombeiros Eugenio Sumay, Pepe O carreiro e Manuel Isorna Castro.

Compartiron escenarios cos Os Gaiteiros de Soutelo de Avelino Cachafeiro e cos Os Campaneiros de Vilagarcía, e están considerados como un dos grupos importantes da tradición gaiteiril galega.

Membros

  • Ramón Sumay, gaita
  • Tito Sumay, gaita
  • Agustín Sumay, caixa
  • Alfonso Díez O Zapateiro, bombo

Discografía

Álbums

* Os Areeiras (2005) Disco editado a partir de gravacións históricas do grupo.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Navia, X.M; García, F.J. (2005). Gaiteiros do areal. O legado dos areeiras de Catoria. Edicións do Cumio. ISBN 84-8289-331-9. 
  • Ameneiro Piña, Xosé. Agustín Lorenzo Loroño. O Gaiteiro de Catoira. Edicións do Cumio. ISBN 978-84-8289-272-6. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!