Ordinary Corrupt Human Love é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de post-metal Deafheaven, publicado o 13 de xullo de 2018 a través do selo Anti-.[1] O título do disco está inspirado na novela de Graham Greene de 1951 The End of the Affair.[2]
O 30 de xaneiro de 2018 Deafheaven publicou nas redes sociais unha fotografía dos membros da banda gravando nun estudio, e posteriormente confirmou a Pitchfork que estaban traballando nun novo álbum en 25th Street Recording en Oakland, California co produtor Jack Shirley.[3] O grupo publicou o sinxelo principal do álbum, "Honeycomb", o 18 de abril, e anunciou o disco e a súa xira de acompañamento no día seguinte.[2] O segundo sinxelo, "Canary Yellow", apareceu o 12 de xuño.[4] O álbum estivo dispoñible para streaming en exclusiva na NPR o 5 de xullo,[5] antes de ser oficialmente publicado o 13 de xullo en CD, vinilo, como descarga dixital e en servizos de streaming a través de Anti-.[6]
Listaxe de cancións
N.º |
Título |
Duración |
1. |
"You Without End" |
7:36 |
2. |
"Honeycomb" |
11:04 |
3. |
"Canary Yellow" |
12:17 |
4. |
"Near" |
5:28 |
5. |
"Glint" |
10:57 |
6. |
"Night People" |
4:07 |
7. |
"Worthless Animal" |
10:07 |
Notas
- "You Without End" conta con palabras faladas de Nadia Kury, collidas de estractos da historia curta Black and Borax de Tom McElravey.
- "Night People" conta con voces adicionais e produción de Chelsea Wolfe e Ben Chisholm.
Notas