Opoñerse á extinción é o cuarto álbum da cantautora bergantiñá SES, que saíu á venda o 2 de decembro de 2016 e que continúa na liña dos dous discos anteriores, cunha onda ecléctica que vai do rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana, ademais de novas sonoridades e unha pegada clara de cantareira. O álbum conta con once temas sobre honestidade, denuncia social e rabia pola desaparición da cultura galega, mais coa forza, o orgullo e o vitalismo de quen non asume o autoodio que tentan inculcarlle. A propia autora descríbeo coma un disco de amor. Inclúe unha canción (Con Tambores de Mar) dedicada á filla (Sara) dunha das súas cantoras[2]. A Paz Esquiva foi o primeiro sinxelo, lanzado en novembro de 2016. En 2017 comeza unha xira que percorre distintas vilas galegas (A Coruña, Ourense, Burela, Vigo, Pontevedra...) e mesmo fóra de Galiza (Bilbao, Madrid, Badalona).
Listaxe de cancións
N.º
Título
Duración
1.
"Torre de almasí"
2:54
2.
"Desde o altar"
4:09
3.
"A sodomita"
4:45
4.
"Dúas lúas"
4:14
5.
"A paz esquiva"
3:51
6.
"Con tambores de mar"
4:36
7.
"Polo teu corazón"
4:08
8.
"Co sorriso ante a malicia"
4:34
9.
"Bótanlle leña"
5:38
10.
"Se a alma non me doe"
5:45
11.
"Romance da bela rosa"
3:25
12.
"Semente de vencer"
3:31
Notas
↑"Fol Música". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2017. Consultado o 06 de febreiro de 2017.