Operation Finale é un filme estadounidense de 2018 dirixido por Chris Weitz, a partir dun guión de Matthew Orton. Está protagonizado por Oscar Isaac (que tamén é produtor), Ben Kingsley, Lior Raz, Mélanie Laurent, Nick Kroll e Haley Lu Richardson, e conta os esforzos da intelixencia israelí por capturar ó antigo oficial das SS Adolf Eichmann en 1960. Numerosos materiais, incluíndo Eichmann in My Hands, as memorias do oficial israelí Peter Malkin, foron as bases da historia.[3] A fotografía principal comezou na Arxentina en outubro de 2017. Foi estreado nos cinemas dos Estados Unidos de América o 29 de agosto de 2018, e recibiu valoracións diversas por parte da crítica.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas