Once Sent from the Golden Hall é o primeiro álbum de estudio da banda sueca de death metal melódico Amon Amarth, publicado o 10 de febreiro de 1998 a través do selo Metal Blade. A edición orixinal estaba formada por só 1 000 copias en CD e vinilo. Posteriormente o disco foi reeditado por Metal Blade en 2005. Unha versión de luxo apareceu en 2009, co álbum remasterizado por Jens Bogren e un CD extra co disco tocado ao vivo en Bochum, Alemaña.[1] Martin Lopez deixou o grupo pouco despois do lanzamento do traballo para unirse a Opeth, sendo o seu único traballo na banda. Tamén é o único disco co guitarrista Anders Hansson.
Listaxe de cancións
N.º |
Título |
Duración |
1. |
"Ride for Vengeance" |
4:30 |
2. |
"The Dragons' Flight Across the Waves" |
4:35 |
3. |
"Without Fear" |
4:50 |
4. |
"Victorious March" |
7:58 |
5. |
"Friends of the Suncross" |
4:43 |
6. |
"Abandoned" |
6:02 |
7. |
"Amon Amarth" |
8:08 |
8. |
"Once Sent from the Golden Hall" |
4:11 |
44:57 |
Notas