Os ollos de boi son pequenas fiestras a modo de orificios circulares practicados nos tabiques exteriores dos barcos,[1] e tamén nalgunhas naves espaciais, para subministrar ventilación e/ou iluminación aos aloxamentos interiores. Realízanse de forma circular para diminuír as tensións lonxitudinais e transversais estruturales que prercorren o casco e contribuír á resistencia, xa que estando próximos á cuberta principal son propensos a recibir golpes de mar de moita violencia.
Os ollos de boi poden ser fixos, é dicir, sen posibilidade de abrirse, ou ben con portas accionadas co dous peches, un de vidro reforzado e outro mediante unha tapa metálica que prové estanqueidade en caso de rotura do cristal.
Galería
Notas
Véxase tamén