San Lourenzo de Olas é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Mesía. Segundo o INE en 2023 tiña 241 habitantes (124 mulleres e 117 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 351 habitantes.
Patrimonio
A igrexa parroquial de San Lourenzo de Olas, de estilo barroco, data de 1680. Consérvase unha lápida conmemorativa e un escudo que lembra aos autores da obra, e a data. Na fachada destaca a espadana no eixo central. En 1968 sufriu unha modificación.
A Capela de San Isidro é unha pequena construción barroca que alberga un retablo formado por varias imaxes, destacando a do patrón da capela.
Festas
San Cidre o 15 de maio.
As Misas o 10 de xuño.
San Antonio o 13 de xuño.
San Lourenzo os días 10 e 11 de agosto.
Galería de imaxes
Escudo na igrexa.
Área recreativa Ponte Carballa, entre Olas e Abellá.