Ogi (小城市, おぎし, Ogi-shi) é un concello da prefectura de Saga no Xapón. Está situado ao noroeste da rexión de Kyūshū e no centro da prefectura, na illa de Kyūshū. A súa superficie é de 95,85 km², a poboación é de 45.208 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 472 h/km².
A cidade de Ogi foi fundada pola fusión de 4 concellos de vilas do distrito de Ogi (Ashikari, Ushizu, Ogi e Mikatsuki) no ano 2005.