Obi-Wan "Ben" Kenobi é un personaxe ficticio da serie de filmes e libros de aventura épica a Guerra das Galaxias. Obi-Wan é unha figura clave nos acontecementos deste universo como as Guerras Clon, a extinción dos Jedi, a caída da República Galáctica e a unión de Luke Skywalker á forza.
Obi-Wan Kenobi aparece por primeira vez en Star Wars Episodio IV: Unha nova esperanza. Luke Skywalker, personaxe principal do filme, xa o coñecía como un misterioso ermitán ao que chamaban 'Ben' Kenobi. Máis tarde, revélase como un vello jedi no exilio, e comeza a ensinar a Luke os camiños da Forza, unha misteriosa enerxía que dá orixe aos poderes dos jedi.
Na nova triloxía, Obi-Wan aparece por primeira vez en Star Wars Episodio I: A ameaza pantasma, como un padawan ou aprendiz de jedi para despois pasar a se-lo mestre de Anakin Skywalker.